Expertos lusófonos participan no campus nun seminario sobre investigación en xénero

Os investigadores Mário César Lugarinho e Emerson da Cruz Inácio, son dúas das figuras máis destacadas do ámbito académico lusófono e dos estudos poscoloniais especializados en teoría queer, estudos LGBTI, xénero e novas masculinidades e estudos africanos. Ambos manteñen unha fluída relación con investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo e, froito desta relación, este luns visitaron a Facultade de Filoloxía e Tradución para participar no Seminario de formación de posgrao Interseccionalidades: Xénero e Afrodescendencia, unha actividade coorganizada por diferentes departamentos do centro e que xurdiu da vontade de dara a coñecer “ a interseccionalidade que conforman as sociedades e as culturas, a través da análise do mundo lusófono”, tal e como subliñou na apertura do acto a profesora  Teresa Bermúdez Montes, coordinadora do seminario, que insistiu tamén na idea de que, malia a ponte que nos ofrece a proximidade coa lingua portuguesa, “non sempre se presta a atención que merecen os estudos e as producións intelectuais nesa lingua”.